A sexta andaina solidaria da empresa alimentaria CONGALSA, activa até o próximo 30 de xuño, está a ter unha importante repercusión na Rede, onde se promove e colle corpo por segundo ano consecutivo. Segundo fai saber Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da compaña da Pobra do Caramiñal, a andaina sumou xa un importante número de participantes, acadando con este inicio do verán (luns 21 de xuño) a cifra de 633 camiñantes solidarios online, superando xa a inscrición da convocatoria previa (620). Todo apunta ademais a que a cifra continuará incrementándose os vindeiros días, mesmo con incorporacións de destacados representantes dos ámbitos institucional, político e social de Galicia.
(…)
Igualmente, fixeron parte da andaina un grupo de grupo de profesores e alumnos do CEIP Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal e, tamén, unha vintena de socios de Down Coruña (que percorreron catro quilómetros solidarios), entidade da que é socia CONGALSA (e que ten realizado doazóns de materia prima ao recentemente inaugurado proxecto hostaleiro El Quiosco de Down Experience).
Puedes leer la noticia completa en la web de O Barbanza.