Bocadillos de luras no Kiosko da Coruña reideado para integración laboral
El Quiosco de Down Experience

Bocadillos de luras no Kiosko da Coruña reideado para integración laboral

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Prensa

Os bocadillos que identificaron este local da Coruña volveron coa restauración do Kiosko e, polo que se ve, había ganas. En menos de vinte días despacharon mil quilos de luras entre bolos de pan.

Na súa nova época, impulsada pola asociación Down Coruña, o negocio ten un valor a maiores: “Estamos a falar dun proxecto en que empregamos 12 persoas con síndrome de Down e discapacidade e catro persoas sen discapacidade” di o presidente de Down Coruña.

A mañá que os visitamos estaban a traballar dentro, Rubén aos fogóns e Sandra atendendo os clientes e cobrando. Entre a carta de produtos, non hai dúbida sobre o de máis demanda.

“Home, claro, o bocadillo de luras. O que máis vendemos é o bocadillo de luras. A seis euros”, di Sandra Varela López, que  traballa na atención ao cliente e na caixa.

Podes ler e ver a nova completa na web da CRTVG.