Inauguran na Coruña o proxecto de inclusión social “Quiosco Down Experience”
Visita inaugural a El Quiosco de Down Experience de la alcaldesa, Inés Rey, la concejala de Benestar Social, Yoya Neira

Inauguran na Coruña o proxecto de inclusión social “Quiosco Down Experience”

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Prensa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e do presidente de Down Coruña, Ricardo Santos, asistiron á posta en marcha do novo ‘Quiosco Down Experience’, un proxecto de inclusión laboral de persoas con diversidade funcional.

No acto, a rexedora expresou a súa confianza en que sexa posible que máis proxectos como este se fagan realidade en diferentes ámbitos empresariais e trasladou o seu “orgullo” por dar saída a un proxecto deste tipo.

Desde o programa de impulso á empregabilidade de persoas con síndrome de Down e outras discapacidades, o Concello achega a Down Coruña 30.000 euros para que proxectos como este, que dará unha oportunidade laboral a 12 persoas, sexan unha realidade.

Este proxecto “reforza” o compromiso do goberno local coas entidades sociais e coas políticas de inclusión laboral, apostilou.

Podes ler a nova completa na web de Galicia Confidencial.